Description
Unha pedra no zapato proporciónanos o tempo e o espazo para conversar con nós mesmas. Baixo a forma de caderno de reflexións convértese nunha ferramenta de autocoñecemento ao ofrecer un compendio de textos que meditan sobre diferentes temas co obxectivo de convidar a quen os le a ir cara dentro. A través de cada capítulo, acompáñanos na contemplación do noso día a día para descubrir que o que percibimos do exterior é un incómodo reflexo do que abeiramos no noso interior. Estamos dispostas a tomar consciencia e a facernos responsables daquilo que acubillamos inconscientemente?
Unha pedra no zapato é un punto de encontro no que “re-coñecernos” e abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas.